sábado, 26 de abril de 2014

Descrescer para viver melhor?

Convidamos a Begoña de Bernardo, ativista de 'Véspera de Nada', Bastos Boubeta, professor de ciências politicas, Fernando Blanco de CIG, Demetrio Vázquez de CCOO e reflexionamos arredor do tema do peak oil, das medidas que temos de adotar ante o problema da escaseza de petróleo, medidas politicas, económicas e sociais. 

 
 

Eis o link ao Podcast

Para máis info, recomendamos esta palestra de Carlos Taibo sobre o descrecemento:

sábado, 5 de abril de 2014

Festa!!

O vindeiro mércores 30 de abril (a noite antes da ponte de maio), o noso prezado programa celebrará a súa primeira FESTA!

(Imaxes cedidas pola Meiga Lola, da futura festa)


Teremos timba poética, a cargo da banda armada (de poemas e performances) máis tola da Galiza: o Comando Esbardalle!

Asemade, entregaremos os premios Cuac Está a pasar, ax mellor todólogx, a mellor intervención, mellor escaqueo e premio especial Xosé Tarrío ao colectivo máis combativo!

Por último, pecharemos coa entrega dos premios Infame, a cuxos e cuxas nominadxs podes votar nesta ligazón

Agardámosvos no Bar O Mentireiro na rúa Beiramar (AKA "Orillamar"), a partir das 21.00h.


A dignidade en marcha

 Cando a fortuna se convirte no motor das sociedades contemporáneas, a virtude é unha rareza común que compre minorizar. No mundo pantalla, semella que o non reflexado non existe. O 22 M trascendeu a forma clásica de exposición e visibilización política.



Como dicía Malcolm X, "hai que ter coidado cos medios de comunicación, xa que criminalizan ao oprimido e fan pensar como o opresor", a conciencia de seu agroma en cada recuncho onde a pobreza, a exclusión e a precariedade son as formas que conforman a nosa cotidianeidade. Calar é ser cómplice, repensar, comezo da liberdade.

Eis o link ao Podcast!

Ucraina. Imperialismo ou insurreiçom popular

Conversamos com Óscar Valadares e Xoan Soto sobre os ultimos acontecimentos da Ucraina. Contamos ademais com a intervençom telefónica de Carlos Taibo.


Eis o enlace ao Podcast!

Luz verde á ILP Valentim Paz Andrade

Debate arredor da aprobaçom da ILP Valentim Paz Andrade. Convidadxs J.R da Agal, Isabel Rei da Pro-AGLP, Fran Rei da MESA, Alberte Fdez Marinho e Raquel Jabares, do BNG Culheredo.


Eis o enlace ao Podcast!

Asociacións de Veciñxs: en pé de loita!

Nunha noite de primaveira ou quizáis de outono, ao redor de 200 persoas se xuntan no salón de actos do colexio do bairro. O que as reúne sen dúbida levanta paixóns, a xulgar pola vehemencia dos seus xestos e as ganas coas que erguen as mans para pedi-la palabra. E son as persoas de máis idade, aquelas que medraron coa pesada carga de ter perdido unha guerra, as que máis se animaban a opinar, a sentirse escoitadas e a formar parte dese grupo de xente que se xuntaba para facer fronte común contra dunha inxustiza: o peche dun espazo común do que todas elas tiveran desfrutado nalgún momento da súa vida. Ao opinaren, facíase notorio, porén, que a súa educación política era doutro tempo, segundo se diría a xulgar polas súas vacilacións, pola súa timidez. Pode tamén que ese apoucamento fose debido a un dos maiores males da nosa sociedade: a soidade que lles causa non sabermos os mozos de hoxe partillar historias cos nosos e coas nosas maiores, o non termos con eles a relación que eles tiveron cos seus maiores.



A escea foi real. Aconteceu nunha asociación de veciños desta cidade, hai case xa 500 días. E é que poucas vivencias poden ensinarnos mellor o sentido da democracia que esa escea. Hoxe falamos dunha desas parcelas do cotiá que non encaixan na esfera do privado, sen por elo poder ser clasificadas de pertencentes ao ámbito público. Son algo que trascende esa distinción. Hoxe falamos dunhas agrupacións combativas, solidarias e afectuosas. Hoxe falamos de asociacionismo veciñal.


Eis o Podcast do programa!

O Estudantado em Greve!

Ao abeiro da greve do 20 de fevereiro, juntamos a varixs militantes do movemento estudantil de Comités, CEL, Briga e da UDC em Luta. Falamos sobre ación coletiva, violência, posibilidades da greve, entre outras qüestoms.

Eis o enlace ao podcast