xoves, 1 de agosto de 2013

O noso primeiro programa

Vaia nervos! Era a primeira vez que surfeabamos as ondas herzianas... Mais quedamos moi contentxs co traballo. Aquí tedes o podcast. Como vedes, tivemos moitos erros de produción. É o que tén sermos amateurs, mais ficamos ledos co resultado e sobre todo coa acollida da audiencia.

Esta foi unha das cancións do programa de onte. 'We shall overcome', "venceremos". 



Sendo unha reinterpretación dunha composición de gospel, dunha igrexa de Filadelfia de comezos do século XX, cóntase que a canción foi publicada en 1947 no “People's Songs Bulletin” baixo a autoría de Pete Seeger, que lle a versionaría en chave de Folk.

Gostamos da definición de música Folk que dá Gene Shay "é a música que raramente é escrita para o beneficio. É a música que resistiu e pasou por abaixo grazas á tradición oral, e a música tradicional é participatoria non tendo que ser un un gran músico para ser cantante popular, e finalmente, o Folk trae un senso da comunidade. É a música da xente".

Intro Primeiro Programa: de Stonewall á Coruña.

Quero comezar o programa de hoxe facendo unha confesión. O certo é que pouco ou nada sei deses “homosexuais homófobos”, como se chegou a autodenominar o fascista Álvaro Pombo, e cuxo expoñente máis pop sería o bufón (con sinceiro perdón para Leo Bassi, o falecido Marcel Marceau ou xs manicomicos desta cidade entre tantísimxs outrxs, que fixeron rebosar de dignidade a tal profesión) de Mario Vaquerizo. 

 Moi pola contra, teño edificado no meu imaxinario ao colectivo LGTBQ a partir de eminentes intelectuais como Judith Butler ou Michel Foucault, artistas en maiúsculas como Passolini e Borroughs, pero sobre todo de xente valente, moi valente. Que dicir sobre Jason Collins, primeiro xogador da NBA en saír do armario, ou Orlando Cruz, que fixo o mesmo no máis rudo mundo do boxeo. Mais o certo é que estes dous non son máis ca un par de grans de area dunha praia que se antolla inmensa. Valentes foron eses putos, eses chapeiros e eses travelos, esto é maricas sen o glamour de Mario Vaquerizo, quen unha madrugada de xuño de 1969 dixeron “basta de represión” e se reberalon contra dunha policía que asoballaba á comunidade a punta redadas e abordaxes espontáneas. Foi o episodio histórico do que se coñece como disturbios do Stonewall. Eso é o que conmemora cada 28 de xuño o día do Orgullo gay. 

Quizais por esto, cando a Tenente de Alcalde rexeitou o noso convite a esta mesa cun sinxelo e pretendidamente insultante “Perdona Marica, por problemas de agenda”, eu, David Soto, sentínme gabado. Agora é a nós a quen no toca falar, comeza Cuac está a pasar.