xoves, 1 de agosto de 2013

Intro Primeiro Programa: de Stonewall á Coruña.

Quero comezar o programa de hoxe facendo unha confesión. O certo é que pouco ou nada sei deses “homosexuais homófobos”, como se chegou a autodenominar o fascista Álvaro Pombo, e cuxo expoñente máis pop sería o bufón (con sinceiro perdón para Leo Bassi, o falecido Marcel Marceau ou xs manicomicos desta cidade entre tantísimxs outrxs, que fixeron rebosar de dignidade a tal profesión) de Mario Vaquerizo. 

 Moi pola contra, teño edificado no meu imaxinario ao colectivo LGTBQ a partir de eminentes intelectuais como Judith Butler ou Michel Foucault, artistas en maiúsculas como Passolini e Borroughs, pero sobre todo de xente valente, moi valente. Que dicir sobre Jason Collins, primeiro xogador da NBA en saír do armario, ou Orlando Cruz, que fixo o mesmo no máis rudo mundo do boxeo. Mais o certo é que estes dous non son máis ca un par de grans de area dunha praia que se antolla inmensa. Valentes foron eses putos, eses chapeiros e eses travelos, esto é maricas sen o glamour de Mario Vaquerizo, quen unha madrugada de xuño de 1969 dixeron “basta de represión” e se reberalon contra dunha policía que asoballaba á comunidade a punta redadas e abordaxes espontáneas. Foi o episodio histórico do que se coñece como disturbios do Stonewall. Eso é o que conmemora cada 28 de xuño o día do Orgullo gay. 

Quizais por esto, cando a Tenente de Alcalde rexeitou o noso convite a esta mesa cun sinxelo e pretendidamente insultante “Perdona Marica, por problemas de agenda”, eu, David Soto, sentínme gabado. Agora é a nós a quen no toca falar, comeza Cuac está a pasar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario