domingo, 26 de xaneiro de 2014

Adicamos o programa a Xosé Tarrío!


Revolvendo entre a miña biblioteca atopei un marcapáxinas que non naceu para tal. Trátase dunha voandeira de presentación da EL-DE Haus, de Colonia. A EL-DE Haus foi durante o nazismo a comisaría da Gestapo na cidade do Rin. Hoxe en día, reconvertida en museo tras décadas de reivindicación por parte de movementos sociais a prol da recuperación da memoria histórica, é un dos museos máis visitados da cidade.

Custa moito atoparlle sentido a ese morbo que causa achegarmos aos lugares onde a historia fraguou a barbarie. Sorprende sobre todo porque dá a impresión de que a barbarie só é un acontecemento pasado, un acontecemento que non se pode vivir no presente. Con estas palabras prologaba o profesor Iñaki Rivera o libro de Xosé Tarrío:

“si el lector fuese capaz de abstraerse de la época y del país donde fue escrita esta obra, muy posiblemente pensaría que los sucesos que en la misma se narras sólo podrían tener lugar en un sistema dictatorial, autoritario y nada respetuoso de las reglas de juego que habrían de ser propias de un 'estado social y democrático de Derecho'”

E é que, ao fin e ao cabo, como explicaría, quizáis sen metáfora ningunha, Juan José Moreno Cuenca:

“el que aboga por la cadena perpetua, la pena de muerte, la abolición de todos los derechos del preso. Son los de ideología pro nazi”.

Porque queremos dar memoria a eses lugares, ás persoas que tiveron a desgraza de habitalo e ás súas loitas de desobediencia, adicamos o programa de hoxe a Xosé Tarrío.


Eis o enlace ao podcast