Revolvendo
entre a miña biblioteca atopei un marcapáxinas que non naceu para
tal. Trátase dunha voandeira de presentación da EL-DE Haus, de
Colonia. A EL-DE Haus foi durante o nazismo a comisaría da Gestapo
na cidade do Rin. Hoxe en día, reconvertida en museo tras décadas
de reivindicación por parte de movementos sociais a prol da
recuperación da memoria histórica, é un dos museos máis visitados
da cidade.
Custa
moito atoparlle sentido a ese morbo que causa achegarmos aos lugares
onde a historia fraguou a barbarie. Sorprende sobre todo porque dá a
impresión de que a barbarie só é un acontecemento pasado, un
acontecemento que non se pode vivir no presente. Con estas palabras
prologaba o profesor Iñaki Rivera o libro de Xosé Tarrío:
“si
el lector fuese capaz de abstraerse de la época y del país donde
fue escrita esta obra, muy posiblemente pensaría que los sucesos que
en la misma se narras sólo podrían tener lugar en un sistema
dictatorial, autoritario y nada respetuoso de las reglas de juego que
habrían de ser propias de un 'estado social y democrático de
Derecho'”
E é
que, ao fin e ao cabo, como explicaría, quizáis sen metáfora
ningunha, Juan José Moreno Cuenca:
“el
que aboga por la cadena perpetua, la pena de muerte, la abolición de
todos los derechos del preso. Son los de ideología pro nazi”.
Porque
queremos dar memoria a eses lugares, ás persoas que tiveron a
desgraza de habitalo e ás súas loitas de desobediencia, adicamos o
programa de hoxe a Xosé Tarrío.
Eis o enlace ao podcast

Ningún comentario:
Publicar un comentario