sábado, 22 de febreiro de 2014

Fóra os seus rosarios dos nosos ovarios!


O goberno conservador quere aumentar a represión penal da interrupción vlountaria do embarazo. Tras esta reforma, agóchase un pensar machista e patriarcal que atenta contra os dereitos reprodutivos das mulleres.






 Pero esta postura ultra non é común dentro da Igrexa católica, nin tan sequera dentro de toda a dereita política; e encádrase dentro dunha política de recortes en saúde sexual e reprodutiva. Falamos con membras da Plataforma polo dereito ao aborto, da Plataforma de accións queer-rabudas polo dereito a decidir e de Católicas por el derecho a decidir.

Eis o podcast do programa



venres, 21 de febreiro de 2014

Masacre en Ceuta


Hoxe debería ser para nós un día de ledicia: a UNESCO declarou o 13 de febreiro como día da radio. Porén, o que sentimos é raiba e indignación.

Raiba porque case vinte persoas veñen de perder a vida tentando de traspasar a fronteira que as separa de nós. Indignación, porque sabemos que o Estado español, a pesar de estar financiado por todas nós, non vai facer absolutamente nada por reparar ás vítimas, nin para impedir que no futuro se volvan repetir semellante masacres.


Indignación e raiba porque para os grandes capitais que precarizan as nosas vidas non hai fronteiras, senón o contrario: as portas abertas.

Indignación e raiba porque miles de seres humanos seguen hacinados nos CIEs, polo feito de teren nacido na latitude equivocada, mentres a cleptocracia segue sendo libre para roubarnos o futuro, cubertos por un sistema represivo que se ceiba só con quen protestan.

Indignación e raiba porque, mentres enchen a boca falando de defender a vida dos embrións, para así expropiar os corpos das mulleres, disparan as súas malditas balas contra dos que si teñen vida.

Eis o podcast.

A Renda Básica das Iguais a debate!



Nos ultimos tempos tense colado no descurso da esquerda do Estado espanhol a proposta da Renda Básica. Quem a defendem, afirmam que é umha forma viábel de salvar esse 28 % da povoaçom espanhola que o Eurostat sitúa em risco de povreça e exclussom social.



 Tanta sona tem acadado durantes estes anos a Renda Básica que o passado 15 de Janeiro se apressentava no Congreso dos Deputados umha ILP pola Renda Básica.

 Hoje em Cuac esta a Pasar temos a oportunidade de assistir a um debate sobre a Renda Básica e poderemos escuitar os argumentos a favor e em contra que profesan as esquerdas deste País.

Eis o podcast