Hoxe debería ser para nós un día de ledicia: a UNESCO declarou o 13 de febreiro como día da radio. Porén, o que sentimos é raiba e indignación.
Raiba porque case vinte persoas veñen de perder a vida tentando de traspasar a fronteira que as separa de nós. Indignación, porque sabemos que o Estado español, a pesar de estar financiado por todas nós, non vai facer absolutamente nada por reparar ás vítimas, nin para impedir que no futuro se volvan repetir semellante masacres.
Indignación e raiba porque para os grandes capitais que precarizan as nosas vidas non hai fronteiras, senón o contrario: as portas abertas.
Indignación e raiba porque miles de seres humanos seguen hacinados nos CIEs, polo feito de teren nacido na latitude equivocada, mentres a cleptocracia segue sendo libre para roubarnos o futuro, cubertos por un sistema represivo que se ceiba só con quen protestan.
Indignación e raiba porque, mentres enchen a boca falando de defender a vida dos embrións, para así expropiar os corpos das mulleres, disparan as súas malditas balas contra dos que si teñen vida.
Eis o podcast.

Ningún comentario:
Publicar un comentario