Subimos o podcast en tempo récord!
Nun
acto na Universidade sobre a cadea perpetua alá polo 2009, un
famoso deputado do Partido Popular, repetiunos unhas cantas veces,
para xustificar a súa incómoda postura, a famosa frase de Theodor
Adorno “facer poesía despois de Auschwitz é unha barbarie”. É
o mesmo razoamento do que botou man a socialista Elena Valenciano
nas súas declaracións, sen dúbida precipitadas, para animar ao
Goberno español a unirse ao ataque a Siria, tras as acusacións
verquidas sobre o uso de armas químicas no conflito -se ben nunca
se aclarou por parte de quen.
Pero
Siria é unha auténtica encrucillada: Alén de quen apoian
incondicionalmente a estratexia militar dos EEUU, hai esquerdas que
ven no Réxime de Al-Assad un réxime republicano e laico capaz de
facer de barreira aos fundamentalistas rebeldes e de desafiar, dende
a esquerda, o poderío da OTAN. Outra esquerda entende que se trata
dun conflito de imperialismos, por certo, ben resumido na frase do
profesor libanés George Corm, “en
Siria, tras cada kalashnikov, hai
una potencia estranxeira”
e que en todo caso, neste
conflito entre imperialismos,
o que cabe facer é transcender a falsa dicotomía entre laicismo e
republicanismo por unha banda e integrismo relixioso por
outra, soñando nunha democracia plural.
O
único que semella estar claro é que a indiferenza é unha postura
inaceptábel. Mais quizais a frase de Adorno tampouco pode servir de
escusa para outra guerra. Porque, aínda que o
deputado
o pasase por alto, cando os barrios máis humildes de Roma ardían
era Nerón, o máis poderoso dos romanos, quen tocaba a lira e
cantaba poesía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario