Os pensadores
ilustrados soían afirmar con desleixo que África comezaba ao sur
dos Pirineos. Semella que esta era unha idea moi interiorizada nas
elites do centro e do leste Europeo. Porén, todo apuntaba a que a
idea caducara, pero a Gran Recesión soltou os vellos pantasmas e o
discurso segundo o cal a ineficiente, vaga e intrínsecamente
corrupta Europa do Sur parasita á disciplinada e civilizada Europa
do Norte, volveuse o discurso mainstream.
Gran parte dese discurso
vése secundado por unhas políticas financeiras impostas polas
grandes elites económicas europeas que provocan o curte da man
dereita do Estado, esto é, do Estado do benestar, o gran logro da
esquerda europea trala segunda guerra mundial.
En resumo, as elites
económicas, ás cais non hai fronteira que se lle resista, mandan
recurtar o benestar dos países periféricos, namentres o diiscurso
que cala na cidadanía das potencias económicas é a do roubo por
parte dos países do sur, e é que, neste caso si que importan as
fronteiras.
Eis o Podcast do programa

Ningún comentario:
Publicar un comentario