Énos curiosos que, cando se fala do
dereito a decidir de Catalunya toda a caste política do
establishment, agás CiU, por suposto, fale de que a Constitución
fai inviábel tal posibilidade. Margallo, mesmo chegou a defender,
como moitxs nostálxicxs do Franquismo fixeran antes, que mesmo se
debería poder botar man do exército para defender a sacrosanta
unidade de España, dado que así o dá a entender a Constitución.
Sen entrar a valorar a pertinencia
democrática de facer tales declaracións, si que queriamos reparar
no seguinte artigo da Constitución. Todos os españois teñen
dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes
públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as
normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a
utilización do solo dacordo co interese xeral para impedir a
especulación.
Dicía Michel Houllebecq que toda
sociedade tén as súas chagas e que o noso labor era meter os dedos
nelas ata o fondo, para apretar ben forte. Pois ben, tócanos
cuestionar se é que algunha vez os pasaristos que, como Miquel Roca,
ese pai da constitución que dixo aquello de “se la hemos colao,
pero bien”, propuxeron algunha vez parar os desafiuzamentos por
inconstitucionais. Imaxinamos que a resposta neste caso é negativa,
pois non hai nin militares, nin políticos nin constitución que vele
polxs de abaixo.
Eis o enlace ao podcast do programa

Ningún comentario:
Publicar un comentario