Esta semana pasaron pola nosa cidade tres referentes do movemento no Estado. Por unha banda, Edurado Romero, activista de Cambalache, asociación en defensa dos dereitos das persoas migrantes e que viu a presentar o seu último e interesantísimo libro: ¿qué hacemos con las fronteras?; por outra banda, o libanés Leil Zahra, activista queer que partillou connosco na Casa da Fariña a súa experiencia na revolución exipcia, especialmente no colectivo OpAntiSH contra o acuso sexual das activistas na Praza Tahrir.
O outro compa que pasou pola Coruña foi Íñigo Errejón, membro da Fundación CEPS, doutor en ciencias políticas pola Universidade Complutense e asesor en varias administracións latinoamericanas. A súa potencia discursiva animounos a facerlle unha entrevista na que saíron os temas máis diversos: a (de)formación mediática da figura de Chávez, as posicións na esquerda no marco do conflito UE/Estado, as pegadas do 15M, a doutriña Parot e o auxe (?) da extrema dereita.
Temos de desculparnos pola mala cualidade do son, polas interrupcións (foi gravado en plena rúa!) e por non poder editalo.
Facemos un par de referencias á palestra que dera dúas noites antes da entrevista, as compas da RDS subiron o vídeo da mesma, eis o link.
Aquí o PODCAST da entrevista.

Ningún comentario:
Publicar un comentario