No 2007, cando estaba en primeiro de carreira, non fun á
folga universitaria de finais de ano. Lembro que mo
xustifiquei a min mesmo dicindo que os proletas de verdade non tiñan tempo para
perder nesas cousas.
Se o eu de hoxe, 6 anos despois e convertido nun alborotador público e notorio, tivese a oportunidade de falar con aquel eu, diríalle que xs únicxs que sacan partido dxs esquirois son xs poderosxs, que intentar pensar por libre non debería significar illarsecdo mundo e que ocultar no plano privado o que son auténticos problemas políticos é tirar a toalla fronte ao asoballamento.
As razóns para a folga, sabémolas
todxs. Creo que ás veces o que nos impide ir alén é o medo. Só todxs xuntxs faremos que o medo cambie de
bando. Viva a folga!
Eis o link ao PODCAST

Ningún comentario:
Publicar un comentario