Foi un programa moi entrañábel. Nós convidámolas para refacer en feminino aquel primeiro programa interxeracional de setembro e resulta que non só temos como resultado un programa interesante, senón tamén emocionante como ningún outro.
Quedamos coas verbas da Pepita: "eles queren que condeemos, pero a min nunca me pediron perdón por terme paseando por todos os cárceres de España por unha loita que eu vexo xusta".
Eis o enlace ao PODCAST.
No vindeiro programa falaremos da doutrina Parot, as súas implicacións, a política penitenciaria coxs presxs acusadxs de delitos de terrorismo e a implicación que pode ter na nova etapa que se vén de abrir no proceso basco. Será este xoves ás 19.00h en na 103.4 FM, en CUAC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario