domingo, 27 de outubro de 2013

Folga educativa do 24O: a festa de cumpreanos máis multitudinaria e combativa da historia.

 

No 2007, cando estaba en primeiro de carreira, non fun á folga universitaria de finais de ano. Lembro que mo xustifiquei a min mesmo dicindo que os proletas de verdade non tiñan tempo para perder nesas cousas. 

Se o eu de hoxe, 6 anos despois e convertido nun alborotador público e notorio, tivese a oportunidade de falar con aquel eu, diríalle que xs únicxs que sacan partido dxs esquirois son xs poderosxs, que intentar pensar por libre non debería significar illarse
cdo mundo e que ocultar no plano privado o que son auténticos problemas políticos é tirar a toalla fronte ao asoballamento. 
  
As razóns para a folga, sabémolas todxs. Creo que ás veces o que nos impide ir alén é o medo. Só todxs xuntxs faremos que o medo cambie de bando. Viva a folga!
 

Eis o link ao PODCAST

Prensa amarela, dereito á información e democracia.


Foto: fotograma da película "the lost honour of Katharina Blum", baseada na obra no Nobel colonés Heinrich Böll, "Der verlorene Ehre von Katharina Blum".

Este verán deu moitos parágrafos na crónica negra da prensa galega.

Moitas veces fálase do dereito á información como un dos máis importantes no seo dunha democracia sana, pero a democracia vólvese demagox ia cando os medios de información van alén e sacan partido dunha información morbosa, creando chivos expiatorios e demonizando axs protagonistas. 

Sen dúbida un programa necesario. 


Link ao podcast

sábado, 26 de outubro de 2013

Entrevistamos a Íñigo Errejón




Esta semana pasaron pola nosa cidade tres referentes do movemento no Estado. Por unha banda, Edurado Romero, activista de Cambalache, asociación en defensa dos dereitos das persoas migrantes e que viu a presentar o seu último e interesantísimo libro: ¿qué hacemos con las fronteras?; por outra banda, o libanés Leil Zahra, activista queer que partillou connosco na Casa da Fariña a súa experiencia na revolución exipcia, especialmente no colectivo OpAntiSH contra o acuso sexual das activistas na Praza Tahrir.

O outro compa que pasou pola Coruña foi Íñigo Errejón, membro da Fundación CEPS, doutor en ciencias políticas pola Universidade Complutense e asesor en varias administracións latinoamericanas. A súa potencia discursiva animounos a facerlle unha entrevista na que saíron os temas máis diversos: a (de)formación mediática da figura de Chávez, as posicións na esquerda no marco do conflito UE/Estado, as pegadas do 15M, a doutriña Parot e o auxe (?) da extrema dereita.

Temos de desculparnos pola mala cualidade do son, polas interrupcións (foi gravado en plena rúa!) e por non poder editalo.

Facemos un par de referencias á palestra que dera dúas noites antes da entrevista, as compas da RDS subiron o vídeo da mesma, eis o link.

Aquí o PODCAST da entrevista.

sábado, 12 de outubro de 2013

A vivenda, un dereito ao alcance de todxs?




Énos curiosos que, cando se fala do dereito a decidir de Catalunya toda a caste política do establishment, agás CiU, por suposto, fale de que a Constitución fai inviábel tal posibilidade. Margallo, mesmo chegou a defender, como moitxs nostálxicxs do Franquismo fixeran antes, que mesmo se debería poder botar man do exército para defender a sacrosanta unidade de España, dado que así o dá a entender a Constitución.

Sen entrar a valorar a pertinencia democrática de facer tales declaracións, si que queriamos reparar no seguinte artigo da Constitución. Todos os españois teñen dereito a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo dacordo co interese xeral para impedir a especulación.

Dicía Michel Houllebecq que toda sociedade tén as súas chagas e que o noso labor era meter os dedos nelas ata o fondo, para apretar ben forte. Pois ben, tócanos cuestionar se é que algunha vez os pasaristos que, como Miquel Roca, ese pai da constitución que dixo aquello de “se la hemos colao, pero bien”, propuxeron algunha vez parar os desafiuzamentos por inconstitucionais. Imaxinamos que a resposta neste caso é negativa, pois non hai nin militares, nin políticos nin constitución que vele polxs de abaixo.


Eis o enlace ao podcast do programa

venres, 4 de outubro de 2013

A Canción da Semana de #EstaAPasar


Gañadores do Airiños de Rock'n'Roll 2012, os coruñeses acaban de presentar este mes o seu novo disco "Blood, rock and tears". Non é a canción que subimos ao programa, pero segue sendo hard rock do bo. Boa finde!

xoves, 3 de outubro de 2013

A Unión Europea: unidxs na diversidade?



Os pensadores ilustrados soían afirmar con desleixo que África comezaba ao sur dos Pirineos. Semella que esta era unha idea moi interiorizada nas elites do centro e do leste Europeo. Porén, todo apuntaba a que a idea caducara, pero a Gran Recesión soltou os vellos pantasmas e o discurso segundo o cal a ineficiente, vaga e intrínsecamente corrupta Europa do Sur parasita á disciplinada e civilizada Europa do Norte, volveuse o discurso mainstream. 

Gran parte dese discurso vése secundado por unhas políticas financeiras impostas polas grandes elites económicas europeas que provocan o curte da man dereita do Estado, esto é, do Estado do benestar, o gran logro da esquerda europea trala segunda guerra mundial.

En resumo, as elites económicas, ás cais non hai fronteira que se lle resista, mandan recurtar o benestar dos países periféricos, namentres o diiscurso que cala na cidadanía das potencias económicas é a do roubo por parte dos países do sur, e é que, neste caso si que importan as fronteiras. 

Eis o Podcast do programa